O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou hoxe a orde do 19 de febreiro pola que se convocan axudas a clubs deportivos e entidades deportivas sen ánimo de lucro para a participación en competicións oficiais ou o desenvolvemento de actividades deportivas. En total, destínanse 3.750.000 euros a estas axudas.
As actividades deben realizarse entre o 1 de xaneiro e o 15 de outubro de 2009. O prazo de presentación de solicitudes remata o próximo 30 de marzo.
As axudas van destinadas as seguintes entidades:
a) Clubs: Os clubs deportivos e entidades deportivas que participen regularmente en competicións oficiais, convocadas polas correspondentes federacións deportivas:
a.1 Clubs tipo I: Clubs que participen regularmente en competicións oficiais de ámbito internacional e estatal. Poderán contar con deportistas ou equipos que participen en competicións oficiais de ámbito galego e provincial.
a.2 Clubs tipo II: Clubs que participen regularmente en competicións oficiais desenvolvidas en toda Galicia. Poderán contar con deportistas ou equipos que participen en competicións oficiais nas que a maioría dos participantes sexan galegos ou de ámbito provincial.
a.3 Clubs tipo III: Clubs que participen regularmente en competicións oficiais desenvolvidas como mínimo no ámbito provincial ou superior sen chegar a desenvolverse en toda Galicia.
b) Agrupacións deportivas escolares coorganizadoras da campaña do deporte escolar xunto coa Dirección Xeral para o Deporte da Consellería de Cultura e Deporte e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Noticia:http://http://culturaedeporte.xunta.es/actualidade/nova.php?id=932&lg=gal
Área de Deportes
Instituto Europeo Campus Stellae
Santiago de Compostela
www.campus-stellae.com
info@campus-stellae.com
telf.:0034 981940809
móvil: 0034 + 630327998

No hay comentarios:
Publicar un comentario
Haz tu consulta