Mostrando entradas con la etiqueta Praza do Obradoiro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Praza do Obradoiro. Mostrar todas las entradas

As mozas do Arcade copan o podio no Galego de duatlón


Marina González (Arcade Inforhouse) e Gustavo Rodríguez (Wild Wolf Cidade de Lugo Fluvial) proclamáronse campións galegos de Dúatlon en Santiago nunha proba con saída e chegada a Praza do Obradoiro.



Onte foi un día enteiro de festa e deporte no casco histórico da capital galega, xa que a actividade comezou pola mañá coa celebración da proba provincial de dúatlon escolar, despois tivo lugar unha popular e a partir das 16:30 comezou a competición oficial, co disputa do Campionato Galego.

Na categoría feminina, o Arcade foi profeta na súa terra. As tres primeiras clasificadas militan no club santiagués e entraron na meta agarradas da man, polo que tiveron que decidir os xuíces a primeira clasificada.


Noticia: http://www.elcorreogallego.es/deportes/polideportivo/ecg/as-mozas-do-arcade-copan-podio-no-galego-duatlon/idEdicion-2013-05-06/idNoticia-805104/

Área de Deportes
Instituto Europeo Campus Stellae
www.campus-stellae.com
info@campus-stellae.com
telf.:0034 981 522788
móvil: 0034 + 630327998

O Duatlón Cidade de Santiago celebrarase por primeira vez no Casco Histórico

 O domingo 5 de maio, a praza do Obradoiro acollerá a saída e a chegada do XI Duatlón Cidade de Santiago, organizado pola Concellería de Deportes e o Triatlón Arcade Inforhouse. Uns 450 deportistas participarán nesta competición, que serve de Campionato Galego de Duatlón e tamén como final provincial nas categorías escolares. A estas probas sumarase un duatlón popular.

O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presentou este XI Duatlón Cidade de Santiago e convidou os composteláns a presenciar esta proba. É a primeira vez que este duatlón se celebra no Casco Histórico, xa que antes se realizaba nas inmediacións do Estadio de San Lázaro. Neste sentido, o edil resaltou o esforzo loxístico que supón este cambio.

As probas comezarán pola mañá coas categorías escolares benxamín, alevín, infantil e cadete. Segundo apuntou Roberto García, da Secretaría Xeral para o Deporte, está prevista a participación duns 200 escolares de toda a provincia, que competirán polas prazas no campionato galego das respectivas categorías.
Entre as probas escolares e as de elite celebrarase un duatlón popular (15:00 horas). A presidenta do Triatlón Arcade Inforhouse, Laura Mosquera, apuntou que xa hai 114 inscritos nesta carreira, que se organizou para todos aqueles que non obtiveran praza no campionato autonómico e para outros corredores que amosaron o seu interese en participar neste atractivo circuíto polo Casco Histórico.

Ás 16:30 horas comezará a proba de elite feminina do Campionato Galego de Duatlón e, media hora despois, a competición masculina, na que, entre outros, participarán duatletas como o subcampión de España, Gustavo Rodríguez, ou os locais Brais Canosa e Luis Calvo.

Os corredores deberán facer 5 quilómetros a pé, para seguir con 20 quilómetros en bicicleta e rematar no Obradoiro despois doutros 2,5 quilómetros a pé. Laura Mosquera salientou que no circuíto "prima a dificultade". Así, a costa do Monte do Gozo de temporadas anteriores é substituída pola complicación das costas de Xoán XXIII e Burgo das Nacións. A parte a pé tamén se fai máis dificultosa no cambio da proba ao Casco Histórico


Noticia: http://www.elcorreogallego.es/deportes/ecg/duatlon-cidade-santiago-celebrarase-primeira-vez-no-casco-historico/idEdicion-2013-05-02/idNoticia-804593/

Área de Deportes
Instituto Europeo Campus Stellae
www.campus-stellae.com
info@campus-stellae.com
telf.:0034 981 522788
móvil: 0034 + 630327998

Santiago acolle a proba inaugural do Campionato de España de Enduro de motociclismo

O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presentou a proba inaugural do Campionato de España de Enduro de motociclismo (IV Memorial Eulo Albert), que se disputará nos circuítos habilitados no Monte do Gozo e no Estadio de San Lázaro o sábado 2 e o domingo 3 de marzo. Máis de 200 pilotos participarán nesta competición, que Santiago acolle por primeira vez.

Coa organización do motoclub Móvete na Moto, chega a Compostela unha modalidade de motociclismo que discorre a modo de rally e na que os participantes demostran altas doses de habilidade, destreza e velocidade sobre a moto. Son máis de 30 os pilotos campións do mundo e de España inscritos, entre eles, nomes tan reputados como Iván Cervantes (campión do mundo e de España en varias categorías); Joakim Ljunggren (campión e subcampión do mundo) ou Cristóbal Guerrero (campión do mundo e de España).

Adrián Varela destacou o nivel dos competidores e estimou a asistencia de público nunhas 6.000 persoas. Agradeceu tamén ao Concello de Boqueixón a súa colaboración para os tramos de enlace.

O acto de presentación oficial de todos os pilotos terá lugar o venres 1, ás 20:00 horas, na praza do Obradoiro, despois das correspondentes verificacións administrativas e técnicas da proba. As carreiras desenvolveranse sábado e domingo a partir das 9:00 horas no Estadio de San Lázaro (especial C1 Extrema) e no Monte do Gozo (especiais C2 e C3). Os actos de entrega de trofeos terán lugar no paddock habilitado en San Lázaro (o sábado, sobre las 16:00 h, e o domingo, ás 16:30 h aproximadamente).

Na rolda de presentación da proba tamén estiveron o alcalde de Boqueixón, Jesús Sanjuás; o subdirector xeral de Deportes da Xunta de Galicia, Carlos Gómez; os presidentes das Federacións Española e Galega de Motociclismo, Ángel Viladoms e José Bernárdez; e o presidente do motoclub Móvete na Moto, José Canda. Ao acto tamén asistiron varios dos pilotos campións do mundo e de España que participarán na proba.












Área de Deportes
Instituto Europeo Campus Stellae
www.campus-stellae.com
info@campus-stellae.com
telf.:0034 981 522788
móvil: 0034 + 630327998